II Xornadas de Formación da Semente en Lugo

Xa están programadas as II Xornadas de Formación da Semente en Lugo dirixidas ao profesorado de educación infantil e primaria, estudantado de Ciencias da Educación, familias e persoas interesadas na inmersión lingüística como desafío da educación galega para o século XXI.

As Xornadas organizadas pola Semente de Lugo contan coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o grupo de Investigación Pedagoxía Social, Educación Ambiental (SEPA), Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Rede de Investigación en Educación e Formación para a Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento, Sindicato de traballadoras e traballadores do Ensino de Galiza (STEG), Associaçom Galega da Língua (AGAL) e o CS Mádia Leva.

Para poder asistir, é obrigatoria a inscrición. As xornadas son de balde. O prazo para anotarse remata o 2 de abril.

Inscrición: Xornadas Semente Lugo

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra