Lanzamento do libro “Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX”

A Libraría Pedreira e Edicións Laiovento organizan un acto de lanzamento do libro Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX, de Xosé Manuel Sánchez Rei.

O acto terá lugar no vindeiro día 25 de xaneiro, quinta feira, ás 20:00h, no local da Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55.  15703 Compostela).

Alén do autor haberá intervencións de:

María Xesús Costoia (Libraría Pedreira)

Marcos Maceira (Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística)

Uxía (cantante)

A seguir, haberá una breve intervención musical a cargo de Uxía.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra