Noticias Noticias da Mesa

Liberdade para o galego? Presente e futuro da lingua

A Mesa pola Normalización Lingüística organiza un acto público en Lugo para debater sobre o presente e o futuro da lingua galega. No acto detallaranse os datos recentes do Instituto Galego de Estatística nos que se constata a dificultade que existe en Galiza para poder vivir libremente en galego ou onde se confirma que a lingua propia ten cada vez menos uso entre a mocidade.

O acto decorrerá o vindeiro mércores 13 de novembro, ás 20:00h no auditorio do Vello Cárcere de Lugo.

Contaremos coa participación de Lois Neto, responsábel da Mesa en Lugo e de Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis