Prezada/o socia/o, amiga/o: Durante o mes de agosto a oficina está pechada por vacacións.


Noticias da Mesa

Lotaría de Nadal: 0119 número de serie premiado no sorteo da Mesa

Esta mañá realizouse no local da Mesa o sorteo dunha noite para dúas persoas na Budiño de Serraseca Turismo Rural entre todos aqueles que nos axudastes mercando participacións da Lotaría de Nadal da nosa asociación.

A portadora ou portador do recibo cuxo número de serie remata en 0119 debe pórse en contacto co Local Nacional da Mesa no tel.  981 563 885 ou no correo-e amesa@amesa.gal para canxear o premio, que consiste nunha noite para dúas persoas con almorzo incluído, en temporada baixa, en Budiño de Serraseca Turismo Rural, emprazada no concello de Oia. É un estabelecemento adherido á rede de empresas Abertos ao Galego.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis