A Mesa pola Normalización Lingüística

Lotaría de Nadal da Mesa

Xa están á venda as participacións da Lotaría de Nadal da Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa xoga este ano o número 82.825, en participacións de 2,50 euros. Dous euros xóganse nese número para o sorteo extraordinario da Lotaría de Nadal e 0,50 euros son para participar no sorteo dunha noite para dúas persoas na casa de turismo rural A Balea en Corcubión, unha das empresas de Abertos ao Galego.

Para comprares participacións, podes pasar polo local nacional da Mesa (Avenida de Lugo, 2A – entresollado A, de Santiago de Compostela) ou preguntares á ou ao responsábel da Mesa na túa zona (para máis información podes escribir ao correo zonas@amesa.gal).

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra