Noticias da Mesa Pontevedra

Marcha pola dignidade da Toxa: 16 de outubro ás 12h

O pasado 29 de setembro a Garda Civil impediu a un grupo de activistas da Mesa pola Normalización Lingüística protestaren pola barbarización do nome da Illa da Toxa no Foro organizado pola empresa HOTUSA, que contou coa participación de altos representantes do Estado e goberno españois e da Xunta de Galiza. Á empresa hoteleira vén de lle ser concecida unha achega pública de 241 millóns de euros, o que non serviu polo momento para que utilice a única forma legal e lexítima da Toxa e nen tan sequera para que as autoridades públicas reclamen da empresa que cumpra a legalidade. Pola contra a representación do goberno español só quixo evitar unha concentración que reclamaba o cumprimento da escasa lexislación que ampara o galego, nomeadamente o artigo 10.1 da LNL: “os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega”.

O nome dun lugar identifíca,o xunto con outros moitos aspectos, como parte do país ao que pertence. Borrar o seu nome é borrar todo o que está que vinculado a el e as referencias que o sitúan. Renomealo é faltar á dignidade de quen lle deu nome e exsitencia.

O caso da Toxa non é o único de deturpación toponímica. Cada día é máis habitual por parte de entidades e institucións  públicas nunha actitude que alenta a deformación dos nomes de lugar por parte de algunhas empresas, mesmo da relevancia de Google na nomenclatura do seus mapas.

O sábado 16 ás 12h voltaremos á ponte da Toxa polo seu nome e por todos os que queren eliminar.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis