A Mesa pola Normalización Lingüística

Marica Campo recibe o XIII Premio Ramón Piñeiro Facer País este domingo 26 de outubro

A Mesa pola Normalización Lingüística, premiada na edición anterior, será quen entregue o galardón á escritora.

A Asociación Cultural Val de Láncara e outros colectivos da comarca de Sarria e O Corgo veñen de outorgar o XIII Premio Ramón Piñeiro Facer país á escritora Marica Campo. A súa candidatura fo presentada por varias asociacións e o xurado, formado por representantes de once colectivos culturais, avaliaron o labor da escritora “a prol do ensino en diversas comarcas contribuíndo á dignificación do galego como lingua vehicular, así como o seu traballo de creación e a súa loita e militancia en favor da presenza da muller na vida social, laboral e cultural.”

A entrega do premio será este domingo 26 de outubro en Láncara. O programa de actos (que se pode consultar nesta ligazón) comezará ás 11:00h. na Casa do Concello de Láncara e rematará cun xantar de honra no que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen previa retirada da invitación.

Para calquera dúbida, dirixirse á Asociación Cultural Val de Láncara Tlf. 982 167454 – 627 537176

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra