Noticias da Mesa

MEDIOS DE COMUNCACIÓN.- A Mesa lamenta o feche da edición en papel de Xornal de Galicia

Esta noticia súmase aos feches recentes de Vieiros e Gz Nación na rede e d’A Peneira, A Nosa Terra e, hai apenas un mes, Galicia Hoxe

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa pola Normalización Lingüística observa con preocupación a continua desaparición de medios de comunicación en galego. No caso de Xornal de Galicia, despois de saberse que este vindeiro 4 de agosto sairá aos quiosques a última edición en papel deste diario, que existe desde hai case tres anos e no que o galego ten unha presenza importante. Dese xeito, deixan de existir xornais diarios nos quioscos con protagonismo da lingua galega.

Desde a entidade en defensa do idioma laméntase esta noticia, tanto polos traballadores e traballadoras deste medio, como polo que ten de negativo para a presenza da lingua galega nos medios de comunicación.

Faise desde A Mesa unha reflexión sobre a coincidencia desta negativa tendencia para a imprensa en galego coa chegada de Alberto Núñez Feijóo ao goberno. Chama A Mesa a atención sobre as importantes medidas contra o galego que xa tomou, de feito, Núñez Feijóo, como presidente. Ademais de implicar un duro golpe para a pervivencia da nosa lingua, o feche da edición en papel de Xornal é tamén un duro varapau para a liberdade de expresión e o dereito de información.

A Mesa organizou o pasado 4 de xullo unha concentración na compostelá praza do Toural en defensa dos medios escritos en galego, e desde a entidade non se descarta a posibilidade de levar a cabo novas accións na mesma liña nos próximos tempos.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis