Noticias da Mesa

MEDIOS DE COMUNICACIÓN.- A Mesa deséxalle os mellores éxitos ao Dioivo, o novo medio en galego que hoxe vén de aparecer

A maior asociación cultural de Galiza fai votos por que o Dioivo sexa xermolo forte dunha nova primavera para os nosos medios propios e para o galego

A Mesa parabenízase do lanzamento dun novo medio na nosa lingua, logo do recente lanzamento do diario dixital Praza Pública e da inmimente saída de Sermos Galiza, anunciada para este mes de marzo

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa parabenízase e parabeniza a toda a sociedade galega polo aparecemento do Dioivo, o novo medio de comunicación en galego que hoxe vén de nacer na rede logo dunha moi imaxinativa campaña promocional previa desenvolvida nos últimos meses, fundamentalmente, a través das redes sociais.

Como está a facer cos novos proxectos xornalísticos na nosa lingua que están a aparecer logo das sucesivas e traumáticas desaparicións dos últimos anos e mais cos que malia as dificultades están a se manter, A Mesa deséxalle ao Dioivo e ao equipo de profesionais que o conforman o mellor dos éxitos nesta necesaria andaina que hoxe publicamente inician.

O Dioivo chega á rede como unha nova proposta de comunicación en galego case un mes despois de que o fixese, o pasado 1 de febreiro, o diario dixital Praza Pública e pouco antes do anunciado lanzamento de Sermos Galiza, que segundo o anunciado verá a luz este mes de marzo.

A Mesa agarda que este Dioivo que hoxe chega a través da rede, e que tanta falta fai, sexa, mesmo a pesar do seu nome, un auténtico xermolo de primavera adiantada para os nosos medios e para o noso idioma. Ao tempo, a asociación anima a toda a sociedade a axudar, mediante un consumo responsábel con quen emprega e apoia o galego, que esta nova primavera veña para ficar entre nós por moito tempo.

Pódese acceder ao web de Dioivo a través do sitio http://www.dioivo.eu

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis