Noticias da Mesa

MEDIOS DE COMUNICACIÓN.- A Mesa expresa o seu apoio a novos proxectos de comunicación en galego

Carlos Callón: “O goberno de Núñez Feijóo é unha epidemia para a nosa lingua: desde que é presidente xa propiciou o peche de cinco medios que usaban o galego”

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa pola Normalización Lingüística observa con “ilusión e esperanza” o proxecto “Sermos Galiza”, que anuncia a creación dun semanario en papel en galego, así como un xornal electrónico e unha radio dixital, “seguramente máis necesarios que nunca, coa que está a caerlle ao noso idioma”. 

A maior asociación cultural de Galiza expresa o seu apoio aos proxectos de comunicación no noso idioma e agarda que tamén conten co alento dos poderes públicos, “a comezar pola principal institución galega, a Xunta, que nestes dous anos está a matar de inanición os medios que optan polo idioma de Galiza”.

O presidente da Mesa, Carlos Callón, tamén fai un chamamento á sociedade a participar na concentración simbólica que se vai realizar mañá ás 20 h, na praza do Toural de Santiago de Compostela, en defensa do galego nos medios de comunicación. O manifesto de peche do evento lerao o poeta, editor e columnista Miguel Anxo Fernán-Vello.

Este acto producirase xusto unha semana despois de que se anunciase o peche –tras unha drástica redución do apoio por parte da Xunta– do único diario en galego que existía nos quioscos, Galicia Hoxe. O portavoz da entidade acusa por iso ao goberno de Núñez Feijóo de ser “unha epidemia para a nosa lingua”, á vista de que, desde que é presidente, “xa propiciou o peche de cinco medios que a utilizaban: Galicia Hoxe, a versión impresa d’A Nosa Terra, Vieiros, GzNación e A Peneira”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis