Noticias da Mesa

A Mesa fai entrega dunhas ” Caixas de benvida” con material infantil en galego

A asociación en defensa da lingua denunciou a exclusión do galego nas caixas de benvida que a xunta entrega aos bebés galegos

Marcos Maceira: “mentres en Finlandia conseguiron normalizar a lingua propia case desaparecida, o goberno galego fai como se a lingua propia non existir”

 

Santiago de Compostela, 24/10/2016-. Desde o 1 de agosto, entrégase a todos os/as bebés que nacen en Galiza a Cesta Benvida, un agasallo que a Xunta inclúe dentro do Programa de apoio á natalidade. Este programa ten como obxectivo  dar unha resposta global ás necesidades das nais e dos pais galegos de forma que se garanta o benestar das familias e estas sexan apoiadas dun xeito integral e continuo. Tamén o Plan de dinamización demográfica de Galiza 2013-2016, horizonte 2020  recolle como un dos seus obxectivos ampliar e consolidar as medidas para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Mostra do nulo compromiso da Xunta de Galiza coa normalización do galego é que non apareza como obxectivo destes plans e programas fomentar no ámbito familiar a transmisión da nosa lingua sobre todo ao termos en conta os datos achegados polo IGE en 2013 que mostran unha situación moi negativa da lingua galega pois só o 25,11%  dos nenos e nenas de 5 a 14 anos  falan en galego.

A cesta inclúe produtos para o coidado do bebé, como cremas ou aceites, téxtiles, libros, CD de arrolos e unha guía para pais e nais.  A Xunta de Galiza pretende impulsar a natalidade con estas axudas e fai unha equivalencia coa caixa finlandesa que desde os anos 30 reciben todas as familias de Finlandia. O contido da cesta igual que as axudas non se poden equiparar ás do país nórdico.  Con relación á lingua, a  caixa finlandesa inclúe un libro en finés, a lingua propia de Finlandia, mentres que a Xunta de Galiza distribúe libros en castelán vulnerando as leis a favor do galego.

O presidente da Mesa pola Normalización lingüística apuntou a gravidade disto, xa que “cando  todos os estudos indican a desaparición do galego na educación infantil galega, a Xunta dedícase a repartir materiais en castelán”, en referencia ao cd Arrorró, incluído na caixa, con cantigas de berce en castelán.

_DSC4722_convertedAínda que a lexislación e acordos favorábeis á lingua galega sexan poucos e limitados, a vontade xeral por repor, rehabilitar e normalizar o noso idioma, fica claramente reflectida na obriga de potenciar o emprego do galego. Marcos Maceira quixo lembrarlles aos conselleiros e ao presidente  o apartado 3 do artigo 5 do Estatuto de autonomía de Galiza di que “os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento”.

Así mesmo Maceira resaltou, que a Lei de normalización lingüística tamén recolle a obriga de potenciar o galego no apartado 3 do artigo 6: “Os poderes públicos de Galiza promoverán o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns”. Máis claro sobre fomentar a transmisión da lingua galega no ámbito familiar é o artigo 23: “O Goberno Galego establecerá un plan destinado a resaltar a importancia da lingua como patrimonio histórico da comunidade e a poñer de manifesto a responsabilidade e os deberes que esta ten respecto da súa conservación, protección e transmisión”.

Dáse o paradoxo de que Finlandia comezou a mediados do S. XIX un proceso de reposición e rehabilitación da lingua propia do país, o finés, que conseguiu normalizar plenamente, ligando ademais o seu uso e potenciación ao desenvolvemento social do país que hoxe encabeza os principais índices internacionais. Xusto o contrario da política lingüística da Xunta, que até na propia “caixa finlandesa exclúe o galego”, mesmo cando existe materiais específicos para o público infantil na nosa lingua.

Por estes motivos, a Mesa pola Normalización Lingüística solicitou que os materiais da Cesta Benvida estean en galego para que o  impulso á natalidade vaia acompañado do impulso á lingua galega. A administración debe ter como obxectivo concienciar as familias dos valores do impulso galego, das vantaxes pedagóxicas, culturais e sociais do seu coñecemento e, polo tanto, da transcendencia de transmitírllelo aos seus fillos e fillas.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang