Noticias da Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística reúnese coa compañía eléctrica Xenera

A Mesa reuniuse onte, día 2 de novembro, con Ulises Varela Ruibal, xerente da compañía eléctrica Xenera, máis coñecida polo anuncio de “A vaquiña polo que vale”.O encontro tivo como motivo o uso decrecente do galego nos servizos públicos e a difusión da existencia de empresas que ofrecen calidade engadindo a responsabilidade lingüística.

Xenera acolleu a solicitude da Mesa de mellora da presenza do galego na opción correspondente dentro da páxina web da empresa e comprometeuse a manter a opción de galego en todos os seus servizos como a atención ao cliente ou a documentación interna.

A empresa Xenera mostrou interese tamén por formar parte do proxecto “Abertos ao Galego” (certificado que se concede ás empresas, comercios, asociacións e entidades que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego. Neste caso, a empresa Xenera  interesouse polo certificado do nivel dous o que implica ofrecer toda a súa información exterior en galego.

A Mesa parabenizou a empresa de fornecemento de servizos de enerxía polo seu compromiso co galego visíbel nas rúas e medios de comunicación de Galiza a través da publicidade no noso idioma e sinalou esta actitude exemplo para outras que aínda negan calquera posibilidade de uso da lingua propia de Galiza.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis