Lugo Noticias da Mesa Zonas

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou en Lugo a campaña “Cárgate de sentido común”

Co lema “ Cárgate de sentido común e asina”, A Mesa pretende recoller como mínimo 10.000 sinaturas para o debate da ILP no Parlamento

Marcos Maceira:“A iniciativa defende cuestións de sentido común, facer efectivo o dereito básico a empregarmos o galego sempre”

En Lugo contaron cun gran apoio de colectivos culturais, sociais e políticos

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa presentou hoxe, día 31 de marzo, na Galería Sargadelos en Lugo,  a nova campaña que se está a desenvolver para impulsar a Iniciativa Lexislativa Popular para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

A ILP naceu con motivo das múltiples queixas que chegan á aplicación A Liña do Galego, queixas que poñen de manifesto a vulnerabilidade dos dereitos lingüísticos e a nula garantía lexislativa de que se poda exercer ese dereito a vivir no noso idioma. Desde  A Mesa destácase que a inexistencia da máis mínima opción no noso idioma por parte de empresas e servizo nega a liberdade para o emprego do galego e evidencia a situación de desigualdade.

Segundo o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “estas cuestións son básicas, de sentido común, mais actualmente non están garantidas e o que se pretende é que o galego sexa unha lingua normal”. Por iso a ILP pretende facer efectivo o dereito básico a empregarmos o galego sempre”.

O coordinador da zona de Lugo, Luís Neto, explicou que a liña de actuación será ter presenza nas diversas localidades e cubrir todos aqueles eventos sociais que pode haber no tempo e que conten una participación masiva de xente, co obxectivo de dar a coñecer a Iniciativa e crear o debate social. Así mesmo, declarou que “nós consideramos que é una iniciativa que respecta o dereitos lingüísticos de toda a xente máis que garante o dereito dos galegofalantes a usar o seu idioma”. Neto destacou que hoxe tiveron un apoio moi importante de máis de una ducia de colectivos do ámbito cultural, social e político de Lugo.

Entre estas persoas e colectivos que apoiaron hoxe a ILP están Madia Leva, BNG, CIG, Galiza Nova, Erguer, Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, Comité de Empresa de Abante, Lugo Novo, Isidro Novo, Asociación Con Lupa, Asociación Veciñal a Milagrosa e o Ateneo Libertario A Engranaxe.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang