A Mesa pola Normalización Lingüística reúnese cos grupos parlamentares do PSdG, En Marea e o BNG

Para o Presidente da Mesa, Marcos Maceira “reverter o proceso de desgaleguización provocado pola exclusión do galego de todos os ámbitos é posíbel se existira vontade”.

A Mesa destacou as seis acción máis urxentes que se teñen que levar a cabo para o impulso do uso do galego.

A Mesa pola Normalización Lingüística reuniuse onte, día 15 de novembro, e hoxe, día 16, cos grupos parlamentares do PSdG, En Marea e o BNG para expoñer  os difereIMG_0035ntes puntos que recolle o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG).  A intención da Mesa é pór en evidencia o incumprimento sistemático das accións favorábeis á lingua acordadas polo propio Parlamento como o PXNLG ou tratados internacionais como a Carta Europea de Linguas minorizadas. Para A Mesa,” reverter o proceso de desgaleguización provocado pola exclusión do galego de todos os ámbitos é posíbel se existira vontade”.

MesaDestacáronse seis accións recollidas no Plan que para A Mesa contan cunha maior urxencia para pór en práctica. Estas medidas son as seguintes:

  1. O papel  normalizador da CRTVG. Calquera persoa que queira facer un seguimento da cultura galega na canle ten que facelo nun horario marxinal. Pídese tamén máis programación destinada ao sector infantil e xuvenil e que se inclúa debates políticos e sobre a sociedade xa que iso contribúe a impulsar a lingua máis a cultura galega.
  2. Ensino en galego e oferta de lecer. A Mesa destaca que a distribución de materias nos reducen aínda máis a presenza do  galego, que será moi minoritaria neste curso, tal como vén de denunciar o sindicato CIG-Ensino nun recurso. A respecto da educación infantil destácase que o galego practicamente non existe nas cidades. Precisamente pola inexistencia de material didáctico específico,  A Mesa  elaborou material  didáctico en galego como o libro O Abecedario ou  As aves.                                                                                                                                         En relación ao lecer e o tempo libre, apúntase que non hai nin xogos para nenos en galego nin videoxogos e que o cinema tamén fai moita exclusión do galego. Destácase o caso de Euskadi xa que chegaron a un acordo con Canal+ para que as series máis coñecidas, por exemplo, contaran con subtítulos en euskera.
  3. O transporte público. Tamén tivo presenza o tema do transporte público xa que a situación da rotulación, as locucións e a toponimia é moi grave. Pídeselles responsabilidades ás compañías de transportes e á Administración para que isto cambie e facerlles cumprir coa lei.
  4. Intercambio no espazo de comunicación coa Radio e Televisión Portuguesa (RTP).  Non se avanzou a este respecto malia estar recollido na Carta Europea e na Lei Paz Andrade.
  5. O dereito ao uso do galego nas Administracións. A Xunta ten que cumprir coa legalidade e exixir ás outras administracións, nomeadamente do Estado que o fagan. Saliántase a falta dunha opción mínima na xustiza, SERGAS, facenda ou a seguranza social.
  6. Condicionamento de axudas e subvencións á utilización do galego  establecendo a obriga de que os receptores utilicen o galego nas súas tarefas.IMG_0069

Todos os partidos da oposición mostraron o seu apoio á  proposta e ratificaron a súa adhesión á Declaración de Unidade a prol da Lingua Galega promovida pola Mesa e que incluía tanto o PXNLG como a Carta Europea ou a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos.

Os representante dos grupos parlamentares comprometéronse a facer seguimento dos diferentes acordos en relación ao galego para garantir a súa aplicación por parte do goberno galego.  Tanto PSdG, como En Marea e BNG mostraron o seu interese por facer efectivas todas as medidas contempladas e manter comunicación estábel coa Mesa.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra