Noticias da Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística súmase ao loito pola morte do escritor Agustín Fernández Paz.

Santiago de Compostela. 12/07/2016-. A Mesa Pola Normalización Lingüística súmase ao loito pola morte do escritor Agustín Fernández Paz.

A MESA quere destacar o seu papel protagonista na defensa da nosa lingua. Unha persoa comprometida que participou activamente das manifestacións de Queremos Galego. En 2012 elaborou o manifesto Voares de esperanza que remataba así: “Todas as persoas que amamos o galego temos que erguer un pombal no noso interior, un pombal do que xurdan os voares de esperanza que encherán de vida os ceos da patria da lingua que nos une”. http://www.amesa.gal/queremos-galego/presentado-en-vigo-o-manifesto-co-que-queremos-galego-chama-a-unha-participacion-masiva-na-manifestacion-do-vindeiro-17-de-maio-en-santiago

O 17 de maio de 2012  dirixiuse a milleiros de persoas na Quintana para afirmar que “Queren facer do galego unha lingua invisíbel” e que “Contra as mentiras, non nos cansaremos de lembrar que a lingua que naceu hai máis de mil anos neste país é de todas as persoas que vivimos e soñamos nel”.

Agustín Fernández Paz foi un dos escritores máis coñecidos e lidos da nosa literatura, sobre todo os títulos de literatura infantil e xuvenil, aínda que tamén como autor  de ensaio e libros divulgativos, especialmente relativos ao mundo da lingua e da normalización, no que estaba moi implicado.

Cabe facer fincapé na súa vinculación ao eido educativo, grazas á cal milleiros de galegos e galegas se iniciaron e engancharon á lectura en galego da man de Cartas de inverno (Xerais, 1995), o seu libro máis vendido, que está a piques de chegar aos 100.000 exemplares en galego.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis