Noticias da Mesa

A Mesa propón ás forzas parlamentares a inclusión de 26 medidas do PXNLG no Mandato Marco da CRTVG

Pretenden impulsar o papel normalizador da CRTVG aplicando as medidas contempladas no Plan e compartidas por todas as forzas políticas

 Marcos Maceira: “o compromiso dos partidos coa lingua, nomeadamente do PP que ten maioría, se é real, débese concretar en feitos e esta é unha boa oportunidade para executalos”

“O galego precisa de medios de comunicación ao servizo de Galiza e atentos á súa realidade cultural, social, política, que amplíe a oferta a público infantil e xuvenil, que impulsen a dobraxe e a distribución de produtos audivisuais, e que prestixen a lingua”

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Santiago de Compostela. 8 de outubro de 2015-. A Mesa pola Normalización Lingüística, a través do seu presidente Marcos Maceira e da reponsábel das Mocidades pola Normalización Lingüística, Sara Seco,  fixo hoxe chegar a todos os grupos parlamentares unha proposta para a inclusión das principais medidas do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega dentro do Mandato Marco da CRTVG que o Parlamento debaterá proximamente.

Tendo en conta que o Parlamento aprobou por unanimidade este Plan en 2004, que foi ratificado por todas as forzas políticas Declaración de Unidade a prol da Normalización da Lingua Galega impulsada pola Mesa, o 15 de xullo de 2015, desde a maior asociación de defensa da lingua de Galiza, consideran que “ningún grupo debería pór impedimentos para a introdución como emendas das 26 medidas que se propoñen”, á que se engade un convenio para a reciprocidade de emisións en Galiza e Portugal da RTP e a RTVG tal e como contempla a Carta Europea da Linguas.

“A reiteración da vontade e do compromiso coa normalización do galego, non é máis que unha declaración de amor baleira se non se concreta en feitos” sinalou Maceira, polo que  “a introdución destas medidas no articulado do mandato marco da CRTVG é unha oportunidade para todos os partidos, mais de xeito particular para o PP que ten maioría parlamentar, de demostrar con feitos e accións que son sinceros”.

Proposta de inclusión do PXNLG no Mandato marco da CRTVG pretende afortalar o compromiso da CRTVG co seu papel central como axente normalizador, introducindo accións concretas para mellorar, ampliar e actualizar a programación infantil e xuvenil; unha programación ampla de temática cultural, social e política galega ao servizo de Galiza e que reflicta a súa pluralidade; dotarse dun amplo abano de especialistas galegos en diversos temas e por tanto coñecedores da lingua galega; compromiso da TVG para acordos de dobraxe, lexendado e distribución de produtos audiovisuais en galego, e convertir a RTVG nun referente dun idioma de calidade baseado na autenticidade, na estandarización e na funcionalidade do idioma dotándose dunha programación prestixiadora da lingua.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, reiterou a disposición da Mesa a seguir realizando propostas en todos aqueles aspectos necesarios para a rehabilitación, reposición e recuperación da lingua galega a todos os niveis, e cara a súa plena normalidade.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang