A Mesa reclama a actuación da Secretaría Xeral de Política Lingüística ante a barbarización da toponimia galega

Xornais como El Mundo utilizaron topónimos como “Pollo”, “Guinzo”, “Carballino”, ou “Jove” para indicar os resultados electorais

Marcos Maceira: “A Xunta debe actuar para exixir o respecto polos únicos nomes reais e oficiais dos concellos galegos”

Santiago de Compostela, 27 de setmebro de 2016-.  Tras a xornada electoral do 25 de setembro, o servizo A Liña do Galego da Mesa pola Normalización Lingüísitica recibiu queixas pola barbarización da toponimia galega en publicacións diarias como o xornal español El Mundo.

Nomes como “Pollo”, “Guinzo”, “Carballino, “Jove”ou “Otero del Rey”, foron utilizados para indicar os resultados das eleccións galegas dos 25 de setembro.

Até en 36 ocasións, El Mundo utiliza a barbarización como mostra de desprezo polos nomes que identifican os concellos galegos ademais dun descoñecemento absoluto da realidade galega que sorprende nun medio de comunicación. Da Mesa reclaman a intervención da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza que exerza as súas funcións e actúa para que o xornal rectifique a utilización destes barbarismos e repor a legalidade nesta cuestión, tal como indica o artigo 10.1 da Lei de Normalización Lingüística.

Esta actitude non é exclusiva deste xornal, e vense repetindo habitualmente por canles públicas e privadas, nomeadamente nos último tempos, por Televisión Español, Telecinco e Antena 3.

“É inaceptábel que 33 anos despois da aprobación unánime desta norma, aínda haxa que lembrar que os lugares de Galiza só teñen unha forma legal e lexítima. A imposición de barbarismos, a deturpaciónd a toponimia é un ataque á nosa dignidade colectiva como galegas e galegos”, sinalou o presidente da Mesa, Marcos Maceira, que lembrou que a Xunta ten o deber de velar polo cumprimento das normas e polo respecto á nosa identidade e a nosa lingua.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra