Prezada/o socia/o, amiga/o: Durante o mes de agosto a oficina está pechada por vacacións.


Noticias Noticias da Mesa

Movistar+ anuncia que vai incorporar o galego nos subtítulos dos seus filmes

Movistar acaba de informar publicamente, a través da súa conta en Twitter, que xa está a traballar para poder incorporar o galego nos subtítulos dos filmes que emite a través de Movistar+. Esta era unha demanda reiterada por parte das persoas usuarias así como pola Mesa pola Normalización Lingüística.

“Hai unha demanda social para que Movistar non exclúa a lingua galega nos produtos e servizos, así o demostra o elevado número de queixas rexistradas na Liña do Galego durante todo o 2017” apuntan desde a Mesa. Neste sentido, o informe da Liña do Galego 2017 elaborado pola Mesa conclúe que Movistar é unha das empresas con maior número de queixas rexistradas.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, amosou a súa satisfacción polo anuncio de Movistar+ xa que, segundo dixo, “incorporar os subtítulos en galego supón que as galegas e os galegos terán a posibilidade de escoller a súa lingua propia”. Hai que lembrar que Movistar ofrece os subtítulos das películas en todas as linguas oficiais menos en galego.

O feito de reclamar ter opción de galego e reivindicar os dereitos lingüísticos non só é bo para a persoa que o realiza, senón que é positivo para a lingua e a sociedade en xeral. Desde a Mesa agardamos que este pequeno paso non fique aí, senón que Movistar e outras empresas ofrezan os seus servizos e produtos en lingua galega pois existe demanda social.

Maceira quixo lembrar que a Xunta de Galiza abdica da obriga de promover o galego de forma activa tamén no sector audiovisual. Tal como mostra o informe da situación da lingua galega na programación televisiva infantil elaborado pola Mesa elaborado en febreiro deste ano.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis