Nova incorporación a Abertos ao Galego: Cafécongotas – Comunicación Visual

Cafecongotas – Comunicación Visual é unha empresa coruñesa de deseño gráfico e web

Cafecongotas – Comunicación Visual (http://www.cafecongotasdesign.es/) é a empresa de Antón Varela, que traballa como deseñador desde o ano 2006. Desde A Coruña, fai traballos de deseño web, identidade corporativa, materiais impresos e fotografía. Traballa coa súa rede de colaboradores en todo tipo de encargos, tanto proxectos de deseño completos como pequenos traballos. 

Algúns exemplos dos seus traballos son diversas campañas de promoción e divulgación para o Concello de Arteixo, material de papelaría para Naval Torreiro SL, ou páxinas web para o Hotel Rústico Casal das Bouzas e o Arquivo da Pesca da Confraría de Pescadores de Caión.

A súa lingua de traballo habitual é o galego (igual que a lingua habitual de Antón), aínda que moitas veces traballa con clientes de fóra de Galiza. A súa páxina web está en galego e en inglés, igual que o seu blog http://cafecongotasdesign.wordpress.com/.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra