Nova incorporación a Abertos ao Galego: Dimensiona

Esta semana incorpórase a Abertos ao Galego Dimensiona, unha empresa especializada na consultoría informática e nas tecnoloxías da información e comunicación

Dimensiona (http://dimensiona.com/) é unha empresa innovadora, creada no ano 2000, especializada na consultoría informática e na prestación de servizos no ámbito das tecnoloxías da información e comunicación a profesionais, empresas, asociacións e administracións públicas coa creación de ferramentas de xestión personalizadas e o deseño e desenvolvemento de proxectos web e de comunicación na rede.

Os servizos que ofertan son:

Consultoría e asesoramento en tecnoloxías da información e da comunicación.

  • Desenvolvemento de aplicacións a medida.
  • Solucións de comunicación en internet; deseño, montaxe e mantemento de sitios web.
  • Servizos de outsourcing.
  • Desenvolvemento de software para telefonía móbil.
  • Creación de guías turísticas para GPS.

O portal da Consellería de Medio Rural e do Mar, www.medioruralemar.xunta.es, o arquivo de poéticas contempóraneas na cultura www.poesiagalega.org, a aplicación de control de acceso aos equipos da Rede de Bibliotecas de Galicia, o arquivo dixital da Editorial Galaxia ou Traduza (unha ferramenta de tradución automática do español ao galego), son unha mostra dos seus traballos.

A semana pasada, Abertos ao Galego visitou Dimensiona para coñecer a empresa de man dos seus socios, María Fernández e Camilo Regueiro. Dimensiona é unha empresa que funciona case ao 100% en galego e que habitualmente fan os seus traballos e se relacionan con clientes e proveedores na nosa lingua. Entenden esta elección como algo natural, pois é a lingua que empregan os socios e polo tanto na empresa.

A respecto de Abertos ao Galego, en Dimensiona pensan que é moi positivo que existan proxectos como este xa que abre a posibilidade de crear unha rede na que poidan establecer contacto e novas vías de colaboración empresas que teñen en común a preferencia polo galego.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra