Noticias da Mesa

Nova incorporación a Abertos ao Galego: Galileo Nenos, xoguetes educativos en galego

O seu primeiro xoguete é A Cidade de Cenorio, mais desde hai unha semana teñen tamén O Crebacabezas de Galicia

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Galileo Nenos é unha empresa con sede en Lugo, creada polo italiano Guido Leboroni co obxectivo de crear xoguetes educativos en lingua galega. O seu primeiro xoguete, A Cidade de Cenorio, foi lanzado en 2012 e é posíbel atopalo en moitos locais de toda a xeografía galega, nomeadamente librarías e xogueterías (http://www.galileonenos.com/neno/index.php/gl/2012-10-08-19-49-03/pedidos) e tamén na súa propia páxina.

 

Galileo Nenos parte da idea da importancia que teñen os xoguetes na educación dos cativos e para a comprensión da realidade que os rodea. Esa idea, asociada coa case total imposibilidade de atopar xoguetes en galego, fixo que Guido Leboroni se decidise a crear Galileo Nenos e o primeiro dos seus xoguetes, A Cidade de Cenorio. Está aconsellado para pequenos de entre 3 e 6 anos e é un xoguete pensado para divertirse e aprender xogando. Na colorista cidade de Cenorio hai un trenciño dos animais, o autobús dos números ou os coches. O xogo está en galego e en inglés.

 

Desde hai apenas uns dias teñen dispoñíbel o seu segundo produto: o Crebacabezas de Galicia, para todas as idades e desde 3 anos.

 

Guido Leboroni é italiano e reside en Galiza desde hai anos por motivos académicos e persoais. Traballou durante anos nunha empresa internacional do sector xogueteiro adicándose ó desenvolvemento de Xoguetes educativos. A súa sorpresa ao descobrir que non existían xoguetes en galego fixo que crease a súa empresa xogueteira e considera que até agora a experiencia está sendo moi positiva, pola boa acollida que recibiu até agora A Cidade de Cenorio. 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis