A Mesa pola Normalización Lingüística

Novidades das empresas de Abertos ao Galego: Livraria Torga e Aira das Letras

A Livraria Torga de Ourense reabre cun novo proxecto e Aira das Letras de Allariz organiza un concurso de micro-relatos, unha exposición e a festa do seu segundo aniversario

A libraría Aira das Letras de Allariz preséntanos varias novidades:

– organizan un concurso de micro-relatos. Máis adiante daremos máis información, polo momento podedes ver na súa páxina en que consiste e cales son os premios: http://airadasletras.com/central/110515wp/2012/07/1o-concurso-de-micro-relato-aira-das-letras/;

– tamén organizan unha exposición de fotografía (O efecto bolboreta, de Conchita Claro), do 15 de xullo ao 15 de agosto;

– o sábado 21 de xullo ás 21.30h celebran o seu segundo aniversario cunha festa na que actuará o grupo La Comandancia.

A Livraria Torga reabre o xoves 12 de xullo cun novo proxecto chamado Ventos do sul. Ventos do Sul é un espazo que reúne diferentes persoas e actividades baixo unha maneira de interpretar o presente e de entender a vida. O 12 de xullo, desde as 19 horas, o local da Livraria torga reabre as súas portas con este novo proxecto que incluirá a propia libraría, a tenda de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia, Baobab-Ecocrianza – espazo especializado en calzado ecolóxico para bebés- Catapiro-Jogos Tradicionais e a editora Difusora Letras, Artes e Ideas. Todo isto arredor dunha sala de lectura e un microcafé no que poderemos degustar produtos de comercio xusto e ecolóxicos. Ademais haberá un programa permanente de actividades que tratará sobre todos estes temas.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra