O presidente da Mesa intervirá nesta cidade para presentar Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.
Esta sexta feira (venres), 4 de outubro, ás 20 h no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais.
A Fundación Alexandre Bóveda, en colaboración con edicións Xerais, presenta en Pontevedra o último libro de Carlos Callón, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, que chega á súa cuarta edición cando falta pouco para o primeiro aniversario da súa publicación.
No acto, o presidente da Mesa desenvolverá algúns dos puntos que se conteñen na obra para acadar unha maior calidade lingüística e tamén valorará a situación actual do noso idioma.
A presentación desenvolverase no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (na Avenida de Santa María).