O cine en galego está de volta

Ignacio Vilar estrea o seu novo filme Sicixia.

Unha longametraxe que retrata o inigualable patrimonio da Costa da Morte, mesturando ficción e realidade. 

Ignacio Vilar volve a sorprendernos co seu cine en galego, despois do éxito de A Esmorga, estreando este 25 de novembro a súa nova película Sicixia.

Sicixia é unha longametraxe de ficción rodada na Costa da Morte, considerada na Antigüedade o punto máis occidental de Europa, Finisterrae, para os romanos. O film retrata o inigualable patrimonio da Costa da Morte, mesturando ficción e realidade. Cada fotograma bebe en cada secuencia e matiz das xentes e da singularidade desta terra.

Sinopse: Xiao é enxeñeiro de son. Un novo encargo lévao á Costa da Morte para gravar os sons máis característicos da súa xente e a natureza. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano Atlántico. A partir de aí, as súas vidas escaparán ao seu control coma mareas rexidas por unha lei superior.

“Sicixia foi concibida para poñer ao servizo da narración todas as posibilidades que ofrece o cinema dixital, xunto co idioma, a dirección de actores, a fotografía, o son e o ritmo… Un cinema máis natural, espontáneo, arriscado e vanguardista” explica Ignacio Vilar.

 A película estrearase en todas as cidades e vilas de Galiza nas que hai salas comerciais. Incluso en salas de multinacionais como Cinesa ou Yelmo! Nas Cancelas,  Marineda City ou Os Rosales.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra