Noticias da Mesa

O Comité Científico encargado de elaborar o Protocolo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos reuniuse en Donostia

O Comité Científico dará os primeros pasos do Protocolo ao longo destes días

O Comité estará composto por expertos internacionais en lingüística e dereito, así como por académicos de prestixio entre os que se atopa profesora Pilar García Negro 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Donostia, 2 de decembro de 2015-. San Sebastián 2016 Cidade Europea da Cultura (DSS2016EU) e a plataforma cidadá en defensa do eúscaro, Kontseilua, presentaron o Comité Científico encargado de elaborar o Protocolo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos. O Comité está composto por expertos internacionais en lingüística e dereito, así como académicos de renome. O obxectivo da reunión que ten lugar desde onte, 1 de decembro, até hoxe, 2 de decembro, éconsensuar os primeiros pasos a dar na elaboración do protocolo.
Os responsábeis de DSS2016EU e Kontseilua deron unha calorosa benvida aos membros do Comité Científico durante a mañá de hoxe. Todos quixeron destacar a relevancia desta cita. As e os membros do Comité afrontan dous días de intenso traballo nos que tratarán de concretar os criterios básicos para a elaboración do Protocolo.

De Galiza participa a Profesora Pilar García Negro, da Universidade da Coruña, que con anterioridade xa participara na equipa de redacción e no comité científico da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos promovida pola UNESCO en 1996.
A Mesa pola Normalización Lingüística, saúda esta iniciativa internacional a prol de dereitos humanos tan básicos como o de vivir na lingua propia.

Que é o Protocolo?

Trátase dun documento que recollerá as medidas concretas para garantir os Dereitos Lingüísticos das e dos falantes e proporá medidas para a súa aplicación efectiva. O Protocolo confeccionarase sobre a base da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, asinada en 1996 en Barcelona.
Despois do traballo realizado polo Comité Organizador presentado en marzo, creouse un Comité Científico, que será o último responsábel de redactar o Protocolo. O documento contrastarase con numerosos axentes e institucións sociais e presentarase en decembro de 2016 en San Sebastián, no marco do Cumio Europeo da Diversidade Lingüística.

Calorosa benvida dos responsables institucionais

O director xeral de San Sebastián 2016, Pablo Berástegui, e o secretario xeral de Kontseilua, Paul Bilbao, deron a benvida a todos os membros do Comité Científico e agradecéronlles de antemán o labor que realizarán como membros do Comité. Pablo Berástegui manifestou o seguinte:
“A esencia do proxecto de San Sebastián 2016 é pór en valor o papel da cultura como ferramenta para construír unha convivencia mellor. Convivir é aprendermos a vivir xuntos, e para conseguilo é imprescindíbel que todos asumamos o reto. Porque a cidade é unha rede de persoas e a convivencia ten que ver coa forma na que estas se relacionan.

E, precisamente, a lingua é a ferramenta e a canle principal para nos relacionarmos mutuamente. É por iso que consideramos tan necesario garantir os dereitos lingüísticos, como calquera outro dereito humano fundamental, e iso é o que se propón no protocolo que elaborará o comité científico que hoxe presentamos”.

O Cumio Europeo da Diversidade Lingüística é un dos proxectos principais do programa cultural de San Sebastián 2016. Esta iniciativa permitirá abordar o reto da convivencia desde as linguas, nunha aposta polas linguas pequenas e medianas e pola diversidade.

A diversidade lingüística de Europa é unha das súas principais fontes de riqueza cultural, algo que se tomou moi en conta no proxecto San Sebastián 2016. Nese contexto, o Cumio Europeo da Diversidade Lingüística vén realizar unha achega para unha mellor xestión desa diversidade tan arraigada. Sen dúbida, esta achega ficará a modo de legado no futuro próximo.

Kontseilua e a Fundación San Sebastián 2016 actuaron con responsabilidade para lograr que o ano de Capitalidade Europea da Cultura constitúa un importante fito para o fomento da diversidade lingüística e o apoio dos dereitos fundamentais da cidadanía.

O esforzo realizado por ambas as entidades vese claramente ao analisar o percorrido profesional das persoas que compoñerán o comité científico. Todos os membros son expertos nos ámbitos das linguas minoritarias, son procedentes de toda Europa e teñen un amplo coñecemento sobre a realidade diversa de Europa.

Todo iso demostra que se identificou unha necesidade no ámbito da diversidade lingüística e que se está mostrando toda a vontade e compromiso para responder á devandita necesidade con esta iniciativa. Dita tarefa preténdese realizar ademais, non só desde as institucións e mediante o comité científico, senón que a sociedade xogará un papel fundamental.

Por todo iso, esta iniciativa que constituirá unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento da diversidade lingüística europea permitirá realizar unha achega referencial no ámbito dos dereitos lingüísticos, co fin último de mellorar a convivencia en Europa.

Por último, convén lembrar que esta presentación chega en vésperas do Día Internacional do Eúscaro e San Sebastián 2016 quere celebrar este fito anual tan importante dando pasos adiante como este que hoxe presentamos.

Os representantes do Comité de Dirección de Kontseilua tamén tiveron a ocasión de saudar ás e os membros do Comité Científico e Paul Bilbao realizou estas declaracións no seu nome:
“Gostaría de subliñar dúas ideas da foto que hoxe realizamos: por unha banda, que a preparación do Protocolo segue adiante. E é que, tal e como manifestamos na presentación do proxecto, pedímoslles ás persoas que hoxe asisten aquí que nos asesoren sobre o camiño para seguir en diante, e habemos de dicir que, en canto os convidamos a participaren no proceso, recibimos ao momento as súas respostas afirmativas. Por tanto, pola miña banda non fica máis que agradecer a súa disposición para colaboraren. Grazas ás súas achegas, a partir de xaneiro poderemos dar un salto cualitativo.

A segunda idea que hoxe quero compartir convosco é que hoxe, aquí, estamos a dar un claro paso adiante cara ao empoderamento histórico daqueles axentes sociais que traballan día a día a favor da recuperación das linguas europeas. E é por iso que, grazas ao labor que se realizará nos próximos meses, estaremos en disposición de presentar o Protocolo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos no prazo dun ano. Como xa o fixera hai 19 anos a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos en Barcelona, o traballo que hoxe se inicia aquí permitirá que San Sebastián 2016 constitúa un referente no ámbito dos dereitos lingüísticos”.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang