Noticias da Mesa

O Concello de Carballo dinamiza a campaña “Galeg@ para sempre”

Cidadáns e parroquias asinan unha declaración pedindo seren lembrados en galego

As funerarias con presenza en Carballo comprométense coa nosa lingua

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A vindeira cuarta feira, 30 de outubro, desenvolverase no Concello de Carballo un acto en que as persoas que queiran asinarán publicamente a declaración que se pode descargar nesta ligazón, coa que se pide ser lembrad@ en galego. As persoas que queirades participar e asinala, podedes enviar o voso nome e número de documento de identidade ao enderezo-e: normalizador@carballo.org. O acto será o mércores 30 de outubro ás 20.00 h no Salón de Plenos do Concello.

Neste acto quérese visibilizar que a nosa lingua propia, o galego, de uso maioritario nas relacións persoais en vida, tamén pode servir para sermos lembrados despois da morte, para que, despois do noso pasamento, non quede borrado, invisibilizado, esquecido.

Así mesmo, as funerarias con presenza en Carballo asinarán o compromiso de ofrecer os seus servizos tamén en galego, e preguntar que lingua se quere usar en cada caso en notas necrolóxicas, información, flores, lápidas, documentos, etc.

O obxectivo desta campaña promovida polo concello carballés é fomentar o galego nas cuestións relacionadas coa morte, visibilizando a lingua como factor principal da galeguidade e procurando que persoas que con frecuencia usan, viven, queren e/ou se identifican coa lingua galega, poidan ser lembradas en galego despois do seu pasamento. Deste xeito, cómpre dar pasos para que, tamén despois da morte, o maior patrimonio común de todas as galegas e galegos, teña presenza, sexa visible, exista. Dar pasos para que, quen en vida usou o galego, sexa lembrado/a nesta lingua. Dar pasos para podermos ser galeg@s para sempre. 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis