Noticias da Mesa

O espectáculo sobre a lingua “falar por falar” sábado 11 e domindo 11 no Teatro principal de Santiago

“Falar por Falar” é un espectáculo no que un actor nado no medio rural e un dramaturgo procedente dun medio urbano, confrontan en clave retranqueira as súas vivencias e reflexións persoais arredor da lingua galega. A través do relato autobiográfico, da escenificación satírica de episodios históricos, de testemuños populares traídos polos pelos, de cantigas medievais e pezas do repertorio folk ou rock galego, Victor Mosqueira e Carlos Santiago desafíannos a unha viaxe pola realidade viva da lingua, á procura dunha visión liberada de prexuízos e idealizacións, que nos permita desentrañar un chisco os enigmas dese falar por falar que vén sendo toda lingua.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

TEXTO E DIRECCIÓN: Carlos Santiago ELENCO: Carlos Santiago Víctor Mosqueira MÚSICA: Carlos Santiago e Os Quinindiolas ESPAZO ESCÉNICO: Pancho Lapeña Pepe Penabade DESEÑO DE ILUMINACIÓN: RTA VESTIARIO: Carlos Alonso
DESEÑO GRÁFICO: Pancho Lapeña FOTOGRAFÍA: Xan G. Muras COBERTURA TÉCNICA: RTA

O espectáculo conta coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis