Noticias da Mesa

Informe Educación Infantil 2015: O galego é tratado como lingua estranxeira na maior parte dos centros de educación infantil das cidades galegas

Só se utiliza maioritariamente no 5% dos centros. No 40% dos centros de Infantil nin sequeran o utilizan e chega ao 75% os centros onde non se utiliza ou a súa presenza é testemuñal

Marcos Maceira: “O nivel de estranxeirización do galego é tal, que hai máis centros con materiais en inglés que en galego”
“O decreto contra galego de Feixó é o causante de que a maior parte do alumnado non teña a máis mínima noción de galego cando comeza en Primaria”

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Santiago de Compostela. 26/11/2015-. A Mesa pola Normalización Lingüística presentou hoxe os resultados do seu terceiro estudo sobre a situación do galego nas aulas de Educación Infantil de 3 a 6 anos das sete cidades galegas. Trátase dunha estimación dentro das posibilidades dunha entidade social como A Mesa pola Normalización Lingüística, tras entrevistar escolas infantís públicas e privadas das 7 cidades galegas. Porén, sinalan, “corresponde á Xunta realizar unha avaliación da situación, a través da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ten as ferramentas e a capacidade de facer un estudo máis amplo e pormenorizado e, ademais, segundo o seu propio Decreto 79/2010, debe facelo”.
Obsérvase un incremento notábel da exclusión absoluta do galego. Por primeira vez, sinala o informe, hai centros que declaran abertamente non utilizaren nunca o galego, e supoñen un 40% do total. Esta cifra aumenta ao 75% nos que utilizan moi maioritariamente o español ou “algunha vez”, de xeito testemuñal, o galego. Vigo, Ourense e Pontevedra, son os casos máis preocupantes con porcentaxes que acadan entre o 67% e o 75% de centros que lle negan ao alumnado calquera achegamento mínimo ao galego.
Segundo a información recollida pola Mesa, “para esta exclusión e para a negación dun achegamento mínimo ao galego, serve como escusa o resultado da enquisa á que facía mención o Decretazo 79/2010 contra o galego que, ilegalmente, se segue a realizar no conxunto do ensino. Esta enquisa, declarada ilegal polo TSXG, pretendía por unha banda segregar o alumnado en función da lingua, e por outra negar a posibilidade de que aínda utilizando o castelán na casa, nais e pais contasen coa escola como ferramenta para a transmisión do galego.
Estudo Educación infantil

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis