Noticias da Mesa

O galego, o grande ausente do Pantín Classic

O certame, que celebra estes días a súa XXVI edición, oculta o galego a pesar dos apoios públicos que recibe.
A Mesa coñece a existencia de malestar no ámbito do surf galego.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

O Pantín Classic Galicia Pro recibe participantes e visitantes até o día 1 de setembro. A Mesa puido constatar que na locución por megafonía, na páxina web e na información xeral da revista que se reparte sobre o evento deportivo o galego, non existe.

A obsesión por amosar o castelán como a lingua propia da Galiza chega ao esperpento cando vemos ao Presidente da Deputación da Coruña ou ao Alcalde de Ferrol facendo saúdos institucionais en castelán, vulnerando a normativa de promoción do galego das institucións públicas que representan.

A Mesa coñece a existencia de malestar no ámbito do surf galego por esta exclusión da nosa lingua. O galego debería estar presente nun evento como este, que ten unha grande visibilidade e no que podería ser unha importante oportunidade para dotar ao Pantín Classic dun perfil propio e diferenciado. Os visitantes e participantes poderán marchar da Galiza, grazas a esta exclusión, sen saber que temos lingua propia, sen saber que Galiza existe, que existimos as galegas e galegos.

O Vicepresidente da Mesa, Carlos Outeiro, salienta “o ridículo puido ser maior de non se traduciren ao inglés parte das explicacións e comentarios feitos por megafonía así como información da web. Na revista este esforzo esgotouse no título SurfingNews, aparecendo toda a información xeral só en castelán” apuntando asemade que “entre participantes e visitantes a presenza de persoas de distintos continentes é moi importante, mesmo un nutrido grupo de Portugal e Brasil alén, obviamente, da Galiza”

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis