Noticias da Mesa

O Goberno español nega unha bolsa predoutoral a unha estudante por entregar o certificado de estudos en galego

O Ministerio de Economía respóndelle á estudante que a súa documentación ten un “defecto”: está en galego, e o Goberno só acepta escritos “en español o en inglés”

Carlos Callón: “É moi triste constatar que o PP quere volver ao tempo dos castigos por usarmos o noso idioma”

A Mesa recorda que os únicos ministerios dun estado hispanófono que non recoñecen este tipo de documentación en galego son os españois, pois hai moitos casos en que si foi aceptada sen problemas por exemplo na Arxentina ou México

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2013.- O Goberno español, nestes momentos nunha intensa ofensiva españolista contra a diversidade lingüística e cultural do Estado, nega o recoñecemento do galego como idioma oficial de Galiza e das súas universidades, ao non aceptar a documentación expedida neste idioma. A situación é tan grave que unha estudante se dirixiu á Mesa pola Normalización Lingüística despois de que o Ministerio de Economía lle negase unha bolsa predoutoral co argumento de que non entendían o certificado de estudos en galego.

 

O presidente da Mesa sinala que “non hai peor xordo que o que non quere ouvir”, pois “é evidente que un documento así en galego é perfectamente comprensíbel para calquera persoa alfabetizada nunha lingua tan próxima como o español: hai un texto moi escaso cos nomes das materias, unhas cifras, un parágrafo estandarizado de acordo co estipulado pola Lei estatal… En fin, que o problema non é comprender, senón non querer comprender e tentarnos escarmentar con castigos como este por mantermos viva a nosa lingua”.

 

Carlos Callón observa, ademais, que estes problemas á hora de dicir que non se comprende o galego só se observan nos ministerios españois, non noutros ministerios de estados hispanófonos onde non hai hostilidade cara á nosa lingua. “Sabemos de casos de xente que presentou documentación en galego en países como Arxentina ou México e que non lles solicitaron ningunha tradución, que dicían que a entendían e que por tanto era válida e non facía falta ningunha tradución”, explica. “E logo como pode ser que un certificado de estudos en galego se entenda mellor na Arxentina que na Administración Central que sostemos cos nosos impostos?”, pregunta o portavoz da entidade cidadá.

 

Desde A Mesa tamén chaman á atención á resposta que lle enviou a esta moza a Subdirección Xeral de Recursos Humanos para a Investigación do Ministerio de Economía e Competitividade. Nela dinlle que o certificado de estudos non é válido por un “defecto”, que é que está en galego,  cando tal documentación só sería válida en español ou, curiosamente, en inglés, idioma que non é oficial nin en Galiza nin no conxunto do Estado español:

 

“Revisada, por la Subdirección General de Recursos Humanos para la Investigación, la instancia de solicitud presentada por usted, le informo que se han detectado los siguientes defectos en la documentación aportada:

 

-El certificado de estudios presentado telemáticamente no está redactado en español o en inglés (artículo 22.4.c).

 

 

A alumna presentou unha alegación indicando que o galego é unha lingua oficial, e que segundo a lexislación aplicábel é a propia Administración quen se debe encargar de traducir os documentos dun expediente redactados nunha lingua cooficial distinta do castelán cando teñan que surtir efectos fóra do seu territorio, como estabelece o artigo 36 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administración pública e procedemento administrativo común e mais a disposición adicional sexta da Lei 11/2007 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Porén esta alegación non foi atendida e a alumna ficou excluída do proceso.

 

A Mesa lembra que toda a lexislación e xurisprudencia recoñece a validez da documentación redixida en galego e o dereito da cidadanía a non ser discriminada por razón de lingua. Neste senso, ningún proceso administrativo pode prexudicar unha cidadá por achegar documentación oficial en galego dentro de Galiza nin suporlle molestias ou custos económicos adicionais como os derivados da súa tradución.

 

A Mesa considera por iso a actitude do Ministerio “gravisimamente discriminatoria” e mesmo contraria ao artigo 14 da Constitución: “Penalizaren os estudantes das universidades galegas por utilizaren estas a súa lingua propia é un claro e grave caso de discriminación. Non se lle pode facer pagar aos estudantes traducións dos seus expedientes de estudos ou pretender que teñan máis trabas e custos que un estudante de Madrid ou Murcia”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang