O II Premio Abertos ao Galego entregarase nun acto público en Carballo o 22 de novembro; hoxe remata o prazo para a presentación de candidaturas

As persoas que enviaron propostas de candidaturas para o II Premio entran no sorteo dun lote de produtos cedidos polas empresas de Abertos ao Galego

O premio, que celebra este ano a súa segunda edición, ten o obxectivo de contribuír a prestixiar a imaxe do galego no ámbito da empresa, ademais de divulgar a actividade das empresas que usan o galego de maneira habitual na súa actividade.

Na primeira edición, en 2012, a empresa gañadora foi Tuenti, a rede social da mocidade. O xurado destacou o valor desta aposta polo galego, especialmente pola importancia do ámbito da comunicación entre a mocidade. Ademais, Tuenti ten contratado persoal para dar un servizo de calidade na nosa lingua aos seus usuarios. O acto de entrega tivo lugar na cidade de Pontevedra e a el asistiron Javier Moreno, o responsábel de tradución e soporte en galego de Tuenti e Cristóbal Fernández, director de comunicación da empresa.
Este ano, a entrega do premio terá lugar nun acto público no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Carballo o día 22 de novembro ás 20.30. No acto, que conta coa colaboración do Concello de Carballo, contaremos coa actuación de Najla Shami.

De forma paralela á convocatoria do II Premio, Abertos ao Galego promove un sorteo para animar á participación. Calquera persoa pode enviar candidaturas para o premio (até hoxe, 31 de outubro) e entrará no sorteo dun lote de produtos cedidos polas empresas membro de Abertos ao Galego. Os agasallos que cede cada empresa son:

– Galileno Nenos – crebacabezas Galicia

– Xerais – lote de libros e CDs

– Tuenti – bono prepago de Tuenti Móvil

– Radiofusión – paraugas e chapas de Vitaminas para o galego

– Aira das Letras – fin de semana no hotel Torre Lombarda e un libro

– Daveiga – lotes de galletas Mariñeiras

– Nanube – dúas lámpadas – Baía Edicións

– lote de libros – Amarante – camisolas de comercio xusto Rosinha Recicleira

– Patasdepeixe – lote de libros 

– Viveiros Moreira – 3 camelias de distintas variedades

– Praza – camisolas

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra