Noticias Noticias da Mesa

O informe definitivo do relator para as minorías da ONU recolle as vulneracións dos dereitos lingüísticos en Galiza

A mobilización social consegue que o Relator Especial para as minorías do Alto comisionado da ONU para os Dereitos Humanos, Fernand de Varennes, mencione por primeira vez Galiza, onde se reuniu con representantes da Mesa e da Xunta

Compostela, 11 de marzo de 2020.- O informe definitivo sobre a situación das minorías no Estado español elaborado polo relator especial da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Fernand de Varennes, recolle -por primeira vez- expresamente a vulneración dos dereitos lingüísticos en Galiza. O documento (ligazón) denuncia a incorrecta a aplicación da lexislación e das iniciativas a favor do galego, baseándose nos “coherentes” informes que lle presentou a Mesa pola Normalización Lingüística como proba de que “as e os galego falantes non poden empregar a súa propia lingua coas autoridades públicas en Galiza, malia o aparente dereito a facelo”.

Mañá ofreceremos unha análise máis profunda sobre o informe emitido por Fernand de Varennes despois de escoitar á sociedade civil e máis ás institucións estatais e autonómicas, pero nunha primeira lectura cómpre salientar que dito informe insta ao Estado español a garantir os seus compromisos en relación aos dereitos lingüísiticos, nomeadamente na xustiza e no ensino, e ás comunidades autónomas, no que for da súa competencia.

O relator da ONU evidencia a ausencia de avaliación oficial sobre as competencias nas linguas minorizadas do Estado, recolle as limitacións para estudar na lingua propia e insta a “revisar calquera medida que poida reducir a proporción de docencia en lingua minorizada”, tal e como acontece co Decreto 79/2010 contra o galego no ensino. Recomenda, tamén, ás autoridades españolas “que se aseguren de disporen de recursos apropiados, profesores, persoal de apoio e infraestruturas para que as crianzas das comunidades autónomas con poboacións significativas pertencentes a minorías lingüísticas teñan a posibilidade de estudar nas súas propias linguas”. E, finalmente, recomenda a revisión dos libros de texto para incorporar representacións máis inclusivas e positivas da diversidade do Estado.

Este é, polo tanto, un primeiro aviso da ONU á Xunta no relativo ao Decreto de plurilingüismo, que se suma ás demandas de derogación que fixo recentemente o Consello de Europa.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis