Bergantiños Noticias da Mesa

O larachés Xosé Cotelo é o novo responsábel da Mesa na zona de Bergantiños

Substitúe no cargo a Silvana Castro, veciña da parroquia carballesa de Artes e profesora de ensino medio, que ostentou a representatividade da asociación nos últimos anos e era voceira, xunto ao actor Artur Trillo, da plataforma Queremos Galego

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A asemblea da Mesa pola Normalización Lingüística da zona de Bergantiños escolleu este pasado sábado 18 o veciño da Laracha Xosé Cotelo como novo responsábel da asociación en defensa do galego na comarca bergantiñá.

 

Xosé Cotelo está vinculado desde hai anos á Mesa a través da súa participación activa no grupo de traballo comarcal de Bergantiños e na plataforma Queremos Galego. Alén diso, sobrancea a súa implicación activa noutros movementos sociais como o veciñal: de feito, ostentou até hai pouco a presidencia da Asociación Veciñal A Cutareira, da parroquia larachesa de Torás.

 

O novo responsábel da delegación bergantiñá da Mesa, na que se agrupan as socias e socios da entidade dos concellos de Carballo, A Laracha, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Laxe, substitúe no cargo a Silvana Castro, veciña da carballesa parroquia de Artes e profesora de Lingua e Literatura Galegas no ensino secundario, que veu ostentando a responsabilidade da asociación nos últimos anos.

 

Os obxectivos de traballo inmediato da Mesa na zona de Bergantiños son, por unha parte, aumentar a afiliación á asociación como mellor xeito de facer da Mesa un “instrumento útil” para defender o galego “frente aos ataques do goberno da Xunta” e, por outra, ofrecer “apoio e asesoramento” frente á “desprotección” que padecen as persoas que queren “vivir en galego” e porén ven como o uso normal da nosa lingua continúa a ser en moitos ámbitos unha “verdadeira carreira de obstáculos”.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis