A Mesa pola Normalización Lingüística

O presidente da Mesa asistirá á presentación da tradución ao galego do libro Primavera Silenciosa

 

Presentación  da  tradución  do  inglés  ao  galego  do  libro   Primavera silenciosa  de  Raquel  Carson

Xoves 12 de maio na libraría Couceiro, Praza de Cervantes- Santiago ás 20h

Nesta presentación e debate intervirán:

Xoan Casares Long, catedrático da USC e traductor ao galego de Primavera Silenciosa

Roxelio Pérez Moreira, Prof. Titular de bioloxía da USC

Elvira Cienfuegos, Prof. de Ensino Medio e membro de ADEGA

Marcos Maceira, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

Primavera Silenciosa marcou un fito na toma de conciencia sobre a necesidade de preservar o equilibrio do noso ecosistema e colabora decisivamente a afogar a fachendosa e irracional pretensión do “control da natureza”.

A súa autora, a científica Rachel Carson, sostivo que os insecticidas e os herbicidas sintéticos, e os seus residuos, eran biocidas que afectaban a saúde de todos os seres vivos a través da cadea alimentaria.

Estes presupostos eran opostos aos das grandes industrias químicas que atacaron Carson. A científica enfrontouse aos intereses desas grandes empresas multinacionais que a finais de 1950 contaba co apoio do Departamento de Agricultura de USA, un organismo que incluso pagou a rodaxe dun “documental” propagandístico sobre o uso benéfico dos pesticidas.

Pero o impacto de Primavera silenciosa motivou que xa en 1964  o goberno de USA comezase timidamente a inspeccionar a utilización indiscriminada dos pesticidas, que posteriormente ditase leis que tentaban regulalo ou que crease a Axencia de Protección Medioambiental. Por riba, contribuíu a que se instaurase o “Día da Terra, a que nacesen na sociedade grupos organizados que loiten pola conservación do medio ambiente, así como a que xurdise a conciencia ecoloxista e con ela ese grande movemento social.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra