Noticias da Mesa

O Proxecto Trasno vai celebrar os días 18 e 26 de maio a Trasnada 12.0.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

O primeiro día farase unha presentación de que é o software libre, que é a localización de software libre, e tamén que é o Proxecto Trasno e como se pode colaborar con el.

O sábado 26 de maio organizaranse de forma paralela:

 * un obradoiro de localización, ao que están invitadas todas aquelas persoas interesadas na localización de software libre e tamén na tradución mediante software libre ou que simplemente queren ver de que vai a localización e como se realiza.
 * unha sesión de discusión de terminoloxía para asentar terminoloxía empregada na localización de software á que están convidadas todas aquelas persoas interesadas na terminoloxía ou na tradución de software, ou que simplemente queren ver que é o que se fai nesta sesión.

Dispoñedes de máis información en http://trasno.net/trasnada120

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis