Noticias Noticias da Mesa

O SERGAS non pon a disposición das mulleres embarazadas consentimentos informados en galego

Unha viguesa denuncia que o SERGAS lles nega ás mulleres embarazadas o seu dereito a recibir información en galego e asegura que, nos últimos meses do embarazo, recibiu varias negativas a recibir os consentimentos informados precisos en galego. “Primeiro pídenche que agardes e, despois de horas de espera, infórmante de que non existe versión en galego nin no hospital (Álvaro Cunqueiro), nin no enlace do SERGAS nin na Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía”, afirma. “Dixéronme que dispoñen de versións “en polaco, en árabe e en moitas outras linguas” pero en galego, non”, denuncia.
A directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, relatou tamén o pasado mes de abril en Twitter (ligazón) a súa particular “odisea” para conseguir que o SERGAS lle ofrecese un consentimento informado en galego. E, de feito, das 303 queixas que tramitou o pasado ano, 2018, a Liña do Galego, un 12% estaban relacionadas co Servizo Galego de Saúde. Desde a entidade de defensa da lingua saliéntase que “a administración autonómica con funcións e competencias para garantir estes  dereitos non só abdica da súa responsabilidade, senón que é a primeira en incumprir as súas propias normas en relación ao galego”. “A Liña do Galego só recolle unha mínima parte das discriminacións e vulneracións de dereitos que acontecen todos os días e que en moitos dos ámbitos son sistemáticas”, lamenta o presidente da Mesa, Marcos Maceira. “Este dato é máis unha evidencia dos pasos atrás que o goberno da Xunta está a dar nos últimos anos en relación ao impulso do uso do galego na administración e no respecto aos dereitos lingüísticos da cidadanía. Quen máis debería facer cumprir a lexislación que protexe e respecta o galego, é precisamente quen máis a incumpre e vulnera”, conclúe.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis