O suplemento Somos Galego Nº12 xa está nos quioscos

Cada dous meses A Mesa pola Normalización Lingüística colabora con Sermos Galiza cun suplemento que pon ao día as novas sobre lingua

O pasado xoves 18 de maio saíu o novo suplemento de Somos Galego co semanario Sermos Galiza. Neste número doce, cóntase cunha reportaxe da manifestación do 17 de maio, todo o que aconteceu e a reacción social que houbo. Fálase, tamén, dos premios Correlingua, da campaña da ILP “Cárgate de sentido común” e do último informe da Lingua Galega na educación infantil de Galiza.

Ademais, pódese atopar, como cada número, a colaboración do catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, Xosé Ramón Freixeiro Mato, que fala sobre a forma e uso dos adverbios.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra