Padrón acolleu a presentación de Nós feiramos de 2ª a 6ª

A Mesa pola Normalización Lingüística, a AGAL  e a Fundación Vía Galego presentaron na feira de Padrón a súa campaña para revitalizar os nomes tradicionais dos día da semana

Santiago de Compostela 26 de febreiro de 2018

A Mesa pola Normalización Lingüística, a Associaçom Galega da Língua (AGAL) e a Fundación Vía Galego presentaron en Padrón a campaña Nós feiramos de 2ª a 6ª que pretende recuperar e rivitalizar os nomes tradicionais dos días da semana.

O acto celebrado na polbaría a Feira contou con varias intervencións. O presidente da AGAL, Eduardo Maragoto, falou dos motivos e obxectivos desta campaña a favor dos nomes tradicionais dos días da semana. A secretaria xeral da Mesa, Mónica Pazos, explicou os diferentes materiais desta campaña e a páxina web feiramos.gal onde se recolle toda a información.

A continuación, o  profesor  da Universidade da Coruña Victorino Pérez Prieto  foi o encargado de facer un repaso histórico de como naceu e evolucionou o sistema cristián de feiras (2ª, 3ª, 4ª, 5ª e 6ª feira) fronte ao sistema pagán.

A profesora da Universidade da Coruña Pilar García Negro, grande especialista da obra de Rosalía de Castro, fixo unha intervención sobre a importancia do léxico e a recuperación da lingua en Rosalía de Castro e lembrou o seu compromiso co pobo e coa lingua galega.

O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, recitou o poema “Queridiña dos meus ollos” de Cantares gallegos onde Rosalía de Castro emprega a forma tradicional dos días da semana.

O acto rematou coa intervención musical de Mamá Cabra que interpretou “Na segunda feira”, canción que forma parte desta campaña  e que promociona os nomes tradicionais dos días da semana.

As persoas que participaron no acto coincidiron na necesidade de recuperar e popularizar as formas propias e tradicionais dos días da semana “que nos acompañan desde o reino suevo da Gallaecia” e que aínda hoxe se poden escoitar en zonas  da Galiza.

Entra na páxina web e descubre moito máis da historia da forma tradicional dos día da semana http://feirando.gal/

Galería de imaxes do acto: Nós feiramos de segunda a sexta

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra