
Amplíase até abril a recollida de apoios á iniciativa popular Xabarín para mellorar a programación infantil e xuvenil en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística anuncia que o Parlamento aumentou até o 2 de abril o prazo para as persoas interesadas asinaren os pregos oficiais en estabelecementos de toda Galiza Compostela, 13 de xaneiro de 2021.

Debate e reflexión sobre a lingua no ensino
A Mesa pola Normalización organiza xunto á CIG-Ensino, e a AS-PG as II Xornadas de normalización lingüística para o debate e reflexión sobre a lingua no ensino.

A publicidade en galego induce á compra ao 60% da xente nova, segundo unha enquisa sobre o sextor textil feita a millennials
A Mesa Pola Normalización Lingüística publica o estudo de Anabel Antela A lingua galega no sector textil.
Lotaría de Nadal: 1579 número de serie premiado no sorteo da Mesa
Realizouse no local da Mesa o sorteo dunha noite para dúas persoas na Budiño de Serraseca Turismo Rural entre todos aqueles que nos axudastes mercando participacións da Lotaría de Nadal da nosa asociación.

A Mesa informa á ONU da persecución á que somete Enaire a algúns dos seus empregados por usar o galego no traballo
A entidade pública que xestiona a navegación aérea pretende forzalos a se comunicaren coa dirección da zona en español, tanto verbalmente como por escrito, incumprindo tratados e acordos internacionais ademais la lexislación galega A Mesa pola Normalización Lingüística informou ao relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os […]

Colaboramos con Agareso na elaboración de seis dicionarios audiovisuais de ida e volta
A Mesa pola Normalización Lingüítcia colaborou coa Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) na elaboración dos seis primeiros Dicionarios Audiovisuais de Ida e Volta, que amosan os camiños que compartimos con Venezuela, México, Honduras, Guinea Ecuatorial, Senegal ou Romanía, a partir das historias de persoas que naceron neses países e que agora […]

A Mesa lanza un extenso catálogo con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal en galego
Libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, roupa, complementos, experiencias, alimentos… Vimos de lanzar un extenso catálogo -que tamén se repartirá impreso, de xeito gratuíto, nas tendas de Abertos ao Galego de todo o país- con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal en galego.

Inspección reprende a Enaire por vulnerar o dereito dunha empregada a usar a lingua galega
A entidade pública que xestiona a navegación aérea en España pretendía forzala a comunicarse co departamento de Recursos Humanos e co director rexional en español, tanto verbalmente como por escrito, incumprindo o dictado pola Constitución Española, polo Estatuto de Autonomía de Galicia e pola Lei de Normalización Lingüística Compostela, 4 de decembro de 2020.

Recibimos con esperanza o rexistro no Congreso dunha iniciativa para garantir o uso da lingua propia a toda a cidadanía
Unha Proposición non de lei (PNL) que recolle parte do manifesto Liberdade, igualdade, democracia que presentamos as entidades sociais polas linguas en febreiro foi rexistrada esta mañá no Congreso español coa sinatura de BNG, Compromís, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid e Podemos Compostela, 3 de decembro de 2020.

A comunidade educativa pídelle á Xunta diálogo para normalizar o galego no ensino
Colectivos docentes, movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e a Mesa pola Normalización Lingüística insisten en que o Goberno galego ten que sentarse a dialogar “para cumprir coas demandas do Consello de Europa, da ONU, da sociedade galega e da propia comunidade educativa” Compostela, 26 de novembro de 2020.
Últimas noticias

App A Liña do Galego
A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en […]

A Mesa denuncia que goberno español e Xunta dan as costas ás recomendacións do Consello de Europa
A entidade de defensa da lingua recorda nun informe solicitado polas autoridades europeas que o Estado sigue incumprindo os seus compromisos con respecto ás linguas minorizadas e desminte varios aspectos do documento no que o ministerio de política territorial avala a política lingüísitica no ensino da Xunta O Consello de Europa solicitou á Mesa pola […]

A comunidade educativa pídelle ao PP que levante o veto á lingua e que dialogue sobre a normalización do galego no ensino
A comunidade educativa lamentou esta mañá nunha rolda de prensa conxunta no Parlamento de Galiza que o Partido Popular vetase a súa participación no debate sobre a normalización do galego do ensino, pedíndolle ao PPdG que “levante o veto á lingua” e que “dialogue sobre a normalización do galego no ensino”.

O PP veta a comparecencia do presidente da Mesa no parlamento galego para defender a normalización do galego no ensino
O Partido Popular vén de vetar a comparecencia do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, no Parlamento galego, en representación dos colectivos da comunidade educativa que elaboraron a Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza.

A Mesa e outras entidades de defensa das linguas do Estado difunden un vídeo para “pór o Congreso contra a discriminación lingüística”
O audiovisual, que se pode ver nas linguas propias oficiais (galego, catalán e éuscaro) e nas que aspiran a este recoñecemento (asturleonés e aragonés), resume o contido da PNL que presentaron BNG, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid, Compromís e Podemos no Congreso dos Deputados Compostela, 18 de febreiro de 2021.