
Protesta contra a deturpación do nome da Toxa
O grupo da Mesa pola Normalización Lingüística de Pontevedra – O Salnés celebrou esta tarde na entrada da ponte da illa unha concentración de repulsa pola deturpación do topónimo da Toxa, trala celebración dun Foro que fai desta agresión á lingua galega o seu sinal de identidade.

Os sectores cultural e educativo arroupan a presentación da iniciativa popular Xabarín para mellorar a programación infantil e xuvenil en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística pon en marcha dun grupo impulsor da IP no que están representadas as principais asociacións profesionais da cultura galega, artistas de referencia para o público infantil e xuvenil, empresas da industria editorial, musical e das artes escénicas, colectivos sociais e organizacións do ensino Compostela, 30 de setembro de 2020.

CARTA AOS ASINANTES DA CAMPAÑA POLA CANLE XABARÍN NA TVG
Desde a Mesa pola Normalización Lingüística queremos agradecer os apoios á campaña por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG.

A Mesa anuncia unha proposta parlamentaria popular pedindo unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG
A entidade dá o paso despois de que a solicitude dunha canle e unha App que emitan continuadamente contidos atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega acadase na rede preto de 8000 sinaturas Compostela, 17 de setembro de 2020.

Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG
A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil.

O profesorado galego denuncia que o Sergas fulminou a nosa lingua das comunicacións de PCR previas ao comezo das clases
O profesorado galego denuncia que o Sergas fulminou a nosa lingua das comunicacións relativas ás PCR previas ao comezo do curso escolar.

O uso do galego non ten premio para o Ministerio de Igualdade
A Mesa pola Normalización Lingüísitica denunciou o pasado mes de xuño que os premios ás mellores teses doutorais sobre violencia contra as mulleres, dotados con até 3000 euros, só aceptan propostas escritas en castelán A resposta do goberno equipara as linguas oficiais diferentes do español con calquera lingua estranxeira, polo que A Mesa reclama a […]

A app do Ministero de Sanidade para a Covid-19 ignora as linguas co-oficiais do Estado
A Mesa tramitou unha queixa a través da Liña do Galego pedíndolles ás institucións sanitarias españolas que rectifiquen e lamentando a indefensión á que somete o goberno á cidadanía ao eliminar a súa lingua da xestión da pandemia Compostela, 10 de agosto de 2020.

Lucía Barreiro e Carlos G. Vieito súmanse á comisión permanente da Mesa pola Normalización Lingüística
Compostela, 18 de xullo de 2020.

A Mesa e outras entidades das linguas do Estado denuncian na ONU os ataques da xustiza española contra as súas linguas propias
A rede europea para a igualdade das linguas, ELEN, traslada ao Consello de Dereitos Humanos da ONU a súa preocupación polos ataques da xustiza española ás linguas minorizadas do Estado Compostela, 16 de xullo de 2020.
Últimas noticias

App A Liña do Galego
A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en […]

A Mesa denuncia que goberno español e Xunta dan as costas ás recomendacións do Consello de Europa
A entidade de defensa da lingua recorda nun informe solicitado polas autoridades europeas que o Estado sigue incumprindo os seus compromisos con respecto ás linguas minorizadas e desminte varios aspectos do documento no que o ministerio de política territorial avala a política lingüísitica no ensino da Xunta O Consello de Europa solicitou á Mesa pola […]

A comunidade educativa pídelle ao PP que levante o veto á lingua e que dialogue sobre a normalización do galego no ensino
A comunidade educativa lamentou esta mañá nunha rolda de prensa conxunta no Parlamento de Galiza que o Partido Popular vetase a súa participación no debate sobre a normalización do galego do ensino, pedíndolle ao PPdG que “levante o veto á lingua” e que “dialogue sobre a normalización do galego no ensino”.

O PP veta a comparecencia do presidente da Mesa no parlamento galego para defender a normalización do galego no ensino
O Partido Popular vén de vetar a comparecencia do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, no Parlamento galego, en representación dos colectivos da comunidade educativa que elaboraron a Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza.

A Mesa e outras entidades de defensa das linguas do Estado difunden un vídeo para “pór o Congreso contra a discriminación lingüística”
O audiovisual, que se pode ver nas linguas propias oficiais (galego, catalán e éuscaro) e nas que aspiran a este recoñecemento (asturleonés e aragonés), resume o contido da PNL que presentaron BNG, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid, Compromís e Podemos no Congreso dos Deputados Compostela, 18 de febreiro de 2021.