
Santiago acolle a próxima semana a Asamblea Xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas
O Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acollerá os días 12 e 13 deste mes a Asamblea Xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN), na que participarán de maneira presencial 35 delegadas e delegados en representación de 47 linguas de 24 Estados europeos e que contará coa presenza virtual de Fernand […]

A Mesa espera que o acordo entre o Goberno español e ERC garanta a igualdade para o galego na Lei do Audiovisual
A Mesa pola Normalización Lingüística dá os parabéns ao Goberno español e a ERC polo acordo anunciado co que blindarán a igualdade das distintas linguas do Estado na Lei do Audiovisual e recorda que as forzas políticas galegas amosaron en múltiples ocasións a súa unanimidade neste sentido.

Santiago votará este xoves por unanimidade a moción Xabarín 2.0 polo galego na Lei do Audiovisual
O Concello de Santiago votará este xoves pola tarde, por unanimidade, a moción Xabarín 2.

A delegación do goberno multa un cidadán por reclamar atención en galego
A Mesa denuncia a vulneración dos dereitos lingüísticos que afectou tamén ao dereito á saúde e á dignidade dun cidadán que pediu ser atendido en galego nun cribado da Covid19 en Rianxo A entidade de defensa da lingua recorda que é obriga do funcionariado coñecer a lingua propia de Galiza e que a policía debe […]

Á venda as participacións da Lotaría de Nadal da Mesa pola Normalización Lingüística
A Mesa xoga este ano o número 88.

Correlingua 2021: Oito concertos encabezan o programa de actividades
Máis de mil cincocentos escolares participarán nas festas concerto de Correlingua O vindeiro 20 de outubro comezarán as actividades do Correlingua 2021 baixo o lema “Inmunízate co galego” que terán como principal oferta oito concertos en outras tantas poboacións galegas comezando pola Coruña.

Marcha pola dignidade da Toxa: 16 de outubro ás 12h
O pasado 29 de setembro a Garda Civil impediu a un grupo de activistas da Mesa pola Normalización Lingüística protestaren pola barbarización do nome da Illa da Toxa no Foro organizado pola empresa HOTUSA, que contou coa participación de altos representantes do Estado e goberno españois e da Xunta de Galiza.

A Mesa promove un apagón de RTVE o luns 11 de outubro dentro da Iniciativa “Queremos audiovisual en galego”
A Mesa pola Normalización Lingüística anima a sociedade galega a “apagar as canles de RTVE” o vindeiro luns día 11 de outubro como protesta polo desprezo que sofre a nosa lingua por parte da televisión pública española e que, en palabras do presidente da entidade, Marcos Maceira, “acadaron a súa máxima expresión na emisión de […]

A Deputación da Coruña refrenda o seu apoio ao proxecto A Liña do Galego
A Deputación da Coruña mantén, un ano máis, a súa colaboración co proxecto A Liña do Galego.

A Mesa presenta na Real Academia Galega a Iniciativa “Queremos audiovisual en galego”
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, e mais a Secretaria Xeral da entidade, Celia Armas, presentáronlles esta mañá ao presidente e ao vicesecretario da Real Academia Galega a Iniciativa Queremos audiovisual en galego, que conta co apoio unánime das forzas políticas galegas para que a nova lei xeral de comunicación audiovisual que ultima o goberno […]
Últimas noticias

App A Liña do Galego
A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en […]

As entidades polas linguas do Estado denuncian que a nova Lei do Audiovisual é “insuficiente” para garantir a igualdade entre todas elas
Representantes de A Mesa pola Normalización Lingüística (Galiza), Euskalgintzaren Kontseilua (Euskal Herria), Òmnium Cultural, Plataforma per la Llengua, Ciemen, Acció Cultural del País Valenciá, Obra Cultural Balear, Escola Valenciana, Associació Cultural Valenciana Tirant lo Blanc, Federación de Organitzacions per la Llengua (Països Catalans), Iniciativa pol Asturianu (Asturies) e Nogará religada (Aragón) lembran nun comunicado conxunto […]

A choiva non impide que miles de persoas berren en Compostela “queremos un novo futuro para o galego”
A choiva non impediu que miles de persoas de toda Galicia viaxaran hoxe ata Compostela para manifestar que a sociedade galega quere “un novo futuro para o galego”.

Tiktokers galegofalantes animan as súas seguidoras e seguidores a participar na manifestación do 17 de maio “por un novo futuro para a lingua”
Unha ducia de tiktokers que crean contido na nosa lingua publicaron hoxe un vídeo conxunto animando ás preto de 100.