
Revista de fútbol “O Dez”
Presentámosvos a revista de fútbol totalmente en galego.

PP, BNG e PSOE piden, xunto coa Mesa, que a nova Lei do audiovisual do Estado non marxine o galego
A Mesa inicia no Parlamento de Galiza, acompañada por todas as forzas políticas, unha campaña para exixir que a nova lei iguale para a nosa lingua as cotas estabelecidas para o castelán nas plataformas dixitais, tal e como contemplaba a iniciativa Xabarín aprobada por unanimidade o pasado mes de maio Compostela, 27 de setembro de […]

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego […]

A Mesa logra que o Sergas cambie a lingua por defecto da aplicación É-Saúde do castelán ao galego
A Valedora do Pobo vén de anunciar o resultado positivo da queixa tramitada pola Liña do Galego, denunciando a vulneración dos dereitos lingüísticos da cidadanía galega Máis da metade das reclamacións que recibe cada ano a Liña do Galego refírense á administración pública, destacando entre elas as dirixidas ao Servizo Galego de Saúde Compostela, 14 […]

A Mesa participa na Diada de Catalunya
Unha delegación da Mesa pola Normalización Lingüística achegouse até a Cidade Condal para acompañar e participar na ofrenda floral a Rafael Casanovas coa Plataforma per la Llengua pola Diada de Catalunya.
A Mesa anima participar na leitura continuada do Scórpio organizada pola AGAL o 31 de outubro
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2021.

Etiquetaxe de GADIS en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística quere manifestar o seu contento pola contestación en redes de GADIS a un usuario que preguntaba pola etiquetaxe en galego, ao que a cadea de supermercados respondía “que pronto terían novas”.

Pésame polo falecemento de Francisco Pillado
A Mesa pola Normalización Lingüística súmase á dor de familiares e amizades pola perda de Francisco Pillado Mayor, xornalista, escritor e persoa extraordinaria e imprescindíbel para entendermos a promoción da lingua galega no mundo editorial, polo seu labor na fundación, impulso e dirección da Editorial Laiovento, onde ocupou durante anos importantes responsabilidades.

Arrinca a segunda fase da “Iniciativa Xabarín” para garantir a presenza do equitativa do galego na programación audiovisual do Estado español
A Mesa pola Normalización Lingüística presenta a campaña Queremos galego no audiovisual que pide que se garanta a mesma porcentaxe mínima de contidos na nosa lingua que en castelán, tanto en TVE como nas plataformas dixitais como Netflix, HBO, Disney+ ou Prime Video Compostela, 15 de xullo de 2021.

A Mesa denuncia o uso exclusivo do castelán nas redes sociais de Turismo Rías Baixas
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o uso exclusivo do castelán nas redes sociais do departamento de turismo da Deputación de Pontevedra (Turismo Rías Baixas), recordando que tanto o Estatuto de autonomía de Galiza como a Lei de normalización lingüística e a Lei de administración local de Galiza protexen o uso da nosa lingua por […]
Últimas noticias

App A Liña do Galego
A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en […]

As entidades polas linguas do Estado denuncian que a nova Lei do Audiovisual é “insuficiente” para garantir a igualdade entre todas elas
Representantes de A Mesa pola Normalización Lingüística (Galiza), Euskalgintzaren Kontseilua (Euskal Herria), Òmnium Cultural, Plataforma per la Llengua, Ciemen, Acció Cultural del País Valenciá, Obra Cultural Balear, Escola Valenciana, Associació Cultural Valenciana Tirant lo Blanc, Federación de Organitzacions per la Llengua (Països Catalans), Iniciativa pol Asturianu (Asturies) e Nogará religada (Aragón) lembran nun comunicado conxunto […]

A choiva non impide que miles de persoas berren en Compostela “queremos un novo futuro para o galego”
A choiva non impediu que miles de persoas de toda Galicia viaxaran hoxe ata Compostela para manifestar que a sociedade galega quere “un novo futuro para o galego”.

Tiktokers galegofalantes animan as súas seguidoras e seguidores a participar na manifestación do 17 de maio “por un novo futuro para a lingua”
Unha ducia de tiktokers que crean contido na nosa lingua publicaron hoxe un vídeo conxunto animando ás preto de 100.