
Reclamámoslle ao alcalde de Ourense que “deixe atrás o autoodio” e cumpra co seu deber de defensa e promoción do galego
Manuel Carniceiro recoméndalle a Xácome a lectura e aplicación da Guía para o uso do galego na Administración local (2019-2023) editada pola entidade en defensa da lingua Ourense, 8 de outubro de 2019.

Axentes de defensa das linguas minorizadas demandarán compromisos concretos aos partidos políticos de cara ao 10N
A Mesa pola Normalización e outros axentes sociais que traballan pola normalización das linguas propias do Estado realizaron esta mañá unha reunión de traballo en Valencia na que concretaron liñas de traballo de cara ás próximas eleccións.

A crise do galego podería reverterse se a Xunta acompañase a mobilización social
A Mesa analizou esta mañá en rolda de prensa os datos da enquisa sobre o uso do lingua publicada polo IGE o pasado vernres, que visibilizan as dramáticas consecuencias da aplicación do Decreto do plurilingüismo no ensino Marcos Maceira, presidente da entidade, defende que o aumento da xente que escribe habitualmente en galego reflicte un […]

Os datos do IGE constatan a falta de liberdade para vivir en galego
A enquisa sobre o uso do galego cifra as consecuencias da aplicación do Decreto contra o galego no ensino, cun 30,04% das nenas e nenos entre 5 e 15 anos que non saben escribir galego e un 23,9%, que non saben falalo Só 30,33% das galegas e dos galegos consegue manter o uso da […]

A Mesa protesta en Ikea pola exclusión do galego do seu web e a invisibilización do catálogo impreso na nosa lingua
Activistas da Mesa pola Normalización Lingüística concentráronse esta mañá no Ikea de Marineda, na Coruña, onde despregaron unha faixa na que se podía ler Ikea faise o sueco co galego – Vi vill ha galiciska på Ikea (Queremos galego en Ikea).

A Mesa pídelle ao Ministro de Ciencia “Liberdade para o galego” e que non reproduza prexuízos e discriminacións contra as linguas minorizadas do Estado
Ducias de persoas reclamaron esta mañá “Liberdade para o galego”, diante da sede da delegación do goberno español en Galiza, na Coruña, despois de que o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades excluíse dos Premios Arquímedes (ligazón á convocatoria) os traballos de fin de grao presentados en calquera lingua oficial do Estado diferente do castelán.

O Ministerio de Educación négase a premiar traballos universitarios en galego
Convocamos unha concentración baixo o lema “Liberdade para o galego” a cuarta feira (mércores) 11 de setembro ás 12h diante da sede da delegación do goberno español en Galiza (Praza Ourense 11, A Coruña) para denunciar que o Ministerio de Educación “nega o mínimo recoñecemento do galego”, ao excluír dos Premios Arquímedes os traballos de […]

Estreamos o vídeo da canción de Magín Blanco Os meses do ano, a partir das ilustracións de Xulia Vicente para O tempo cronolóxico
Na véspera do comezo de curso, estreamos “Os meses do ano“, o videclip da canción creada e interpretada por Magín Blanco a partir de O tempo cronolóxico, o fermoso libro ilustrado por Xulia Vicente que axuda a cativada galega a coñecer o nome das principais unidades de medida temporal na nosa lingua.

A Mesa participa mañá en Hendaia nun debate sobre Os dereitos lingüísticos como base para unha nova Europa, dentro do contracumio G7EZ!
A Mesa pola Normalización Lingüística participa mañá nun debate sobre Os dereitos lingüísticos como base para unha nova Europa que terá lugar dentro do contracumio G7EZ! de Hendaia.

A Mesa presenta en Viñetas desde o Atlántico O tempo cronolóxico, con ilustracións de Xulia Vicente
A Mesa pola Normalización Lingüística presentará este sábado, 10 de agosto, ás 18h no Viñetas desde o Atlántico O tempo cronolóxico, o libro ilustrado por Xulia Vicente co que quere axudar a cativada galega a coñecer o nome das principais unidades de medida temporal na nosa lingua.
Últimas noticias

App A Liña do Galego
A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en […]

A Mesa denuncia a vulneración dos dereitos lingüísticos da cidadanía galega na súa relación coa xustiza
Só nos xulgados do social o uso do galego é inferior ao 1% e a aplicación Minerva -coa que se tramitan os expedientes- non está dispoñíbel na nosa lingua, o que na práctica fai imposíbel o uso do galego por parte dos e das profesionais da administración pública de xustiza Santiago de Compostela, 21 de […]

Amplíase até abril a recollida de apoios á iniciativa popular Xabarín para mellorar a programación infantil e xuvenil en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística anuncia que o Parlamento aumentou até o 2 de abril o prazo para as persoas interesadas asinaren os pregos oficiais en estabelecementos de toda Galiza Compostela, 13 de xaneiro de 2021.

Debate e reflexión sobre a lingua no ensino
A Mesa pola Normalización organiza xunto á CIG-Ensino, e a AS-PG as II Xornadas de normalización lingüística para o debate e reflexión sobre a lingua no ensino.

A publicidade en galego induce á compra ao 60% da xente nova, segundo unha enquisa sobre o sextor textil feita a millennials
A Mesa Pola Normalización Lingüística publica o estudo de Anabel Antela A lingua galega no sector textil.