A Mesa pola Normalización Lingüística

PONTEVEDRA.- Conferencia da Mesa en Arcade (Soutomaior) o 24 de febreiro

Será ás 21 horas no Centro Social Abrente de Arcade (Avenida de Castelao, 48) coa participación de Fran Rei, vicepresidente da Mesa.

O centro Social Abrente de Arcade (Soutomaior) organiza para esta sexta feira (venres) 24 de febreiro unha palestra informativa sobre a historia e as actividades que desenvolve A Mesa desde os seus inicios, hai case 26 anos.

O acto, que se inscribe dentro do ciclo de palestras e actividades que organiza cada mes este centro social de recente creación, terá lugar a partir das 21 horas e nel intervirá o vicepresidente e coordinador de zonas da Mesa Fran Rei.

A conferencia servirá tamén como punto de inicio a unha campaña de afiliación á Mesa a nivel local que logo se estenderá por todos os concellos da zona de Pontevedra.

O Abrente está situado na Avenida de Castelao, 48 – baixo, no núcleo de Arcade.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra