A Mesa pola Normalización Lingüística

Posto da Mesa en Ourense este serán

Hoxe ás 20 h do serán, A Mesa de Ourense colocará un posto informativo na praza do Ferro.

Como actividade previa á Asemblea Xeral da asociación, que se desenvolverá mañá ás 11 h na sala vermella do Auditorio Municipal de Ourense, o grupo de traballo da Mesa na zona colocará neste serán un posto informativo na cidade. Será ás 20 h do serán na praza do Ferro.

Se tes interese por coñecer de primeira man as últimas actividades da Mesa, as camisolas, adhesivos, chapas, etc., pásate hoxe pola praza do Ferro ou mañá polo Auditorio Municipal de Ourense!

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra