A Mesa pola Normalización Lingüística

Presentación de Outramente, de Pilar García Negro

A prestixiosa sociolingüista, unha das fundadoras da Mesa e colaboradora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos dá a coñecer esta nova obra o 22 de maio na Coruña.

Outramente é o título da nova obra de Pilar García Negro, na cal tamén se inclúen textos moi recomendábeis sobre sociolingüística en xeral e sobre a situación particular do noso idioma nos últimos anos.

O acto de presentación terá lugar a próxima terza (martes) 22 de maio ás 20:00 horas na sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia (Cantóns da Coruña) e contará coa participación de Francisco Pillado, José Luis Gómez, María M. Val e da propia autora do libro.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra