A Mesa pola Normalización Lingüística

Presentación de Outramente, de Pilar García Negro, en Santiago de Compostela

A terza feira (martes) 12 de xuño ás 19.30 h na Biblioteca Ánxel Casal

A sociolingüista Pilar García Negro, unha das fundadoras da Mesa e membro na actualidade do seu Observatorio de Dereitos Lingüísticos, vai presentar en Santiago de Compostela o seu novo libro, Outramente, no cal tamén aborda a situación do noso idioma.

O acto desenvolverase o día 12 de xuño (terza feira, martes) ás 19.30 h na Biblioteca Ánxel Casal. No acto participarán tamén Teresa Moure e Carlos Callón.

Podes consultar aquí o evento no facebook.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra