Ensino Noticias Noticias da Mesa

Presentación e entrega de premios do Correlingua 2019 en Lugo

O Correlingua presentou hoxe a súa 19 edición no Salón de Actos da Deputación de Lugo. No mesmo acto, fíxose entrega dos premios dos concursos escolares que o Correlingua organizou ao longo do curso.

 

Lugo, 5 de abril de 2019. A presentación do Correlingua 2019, o galego é a fórmula, carreira non competitiva pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos, celebrouse hoxe no Salón de Actos da Deputación de Lugo. O Correlingua percorrerá o país do 2 ao 16 de maio desde Cangas do Morrazo ata Pontevedra pasando pola Coruña, Santiago de Compostela, Ribadeo, Ponteareas, Lugo, Narón, A Estrada, Monforte de Lemos, Vigo e Ourense.

No acto de presentación interviron, Mónica Pazos, secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, que centrou a atención na necesidade de participar no Correlingua como unha actividade fundamental «nun momento coma o actual no que se busca reducir o galego nas aulas». Por outra banda, Anxo Terán, presidente do Correlingua, destacou o traballo do alumnando gañador dos premios dos concursos: «sodes o Correlingua, vós sodes a fórmula» e os representantes das entidades organizadoras do Correlingua. Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino destacou a necesidade de «darlle a volta ás cifras do uso do galego produto das políticas da Xunta, que lexisla prohibindo o galego, por exemplo, nas ciencias». Pechou as intervencións das entidades organizadoras o presidente da AS-PG, Xoán Costa animou o alumnado asistente a «seguir construíndo fórmulas para que o galego non pare»

Por parte das entidades organizadoras asistiron ao acto Miguel Fernández, concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, que destacou que o Correlingua «serve para concienciarnos de que temos un idioma propio», Marina Doutón, concelleira de Cultura do Concello de Monforte, que fixo referencia a que «as leis e decretos veñen e van pero o a defensa do galego debe estar sempre presente» e Pilar García Porto, deputada de Cultura da Deputación de Lugo, que exerceu de anfitrioa e convidou a todos os asistentes a «ser militantes no galego».

 

Entrega de premios:

Despois das intervencións amosáronse as propostas gañadoras dos concursos do Correlingua 2019 e entregáronse os diplomas. Os grupos gañadores foron os seguintes:

Certame banda deseñada: alumnado de 5º de primaria do CEIP Cabo da Area de Laxe

Certame de vídeo, categoría infantil e primaria: alumnado de 6ºB do CEIP Albeiros de Lugo.

Certame de vídeo, categoría secundaria e bacharelato: alumnado de 4º da ESO do CPR Concepción Arenal de Ourense

Certame de elaboración do manifesto: alumnado de 4º da ESO do IES de Carral.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis