Presentación en Miño de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez

Terá lugar o próximo Sábado 26 de xaneiro, ás 19.00 h no Local Social da Rúa (Miño)

No acto, organizado por Roxín Roxal, tamén intervirá Francisco López para presentar a alternativa de escola na nosa lingua Galiza co Galego.

Este sábado 26 de xaneiro, ás 19:00 h no Local Social da Rúa (Miño), a asociación cultural Roxín Roxal organiza un programa duplo en defensa do idioma galego, nas vésperas da manifestación que o domingo 27 percorrerá Compostela POLA LINGUA QUE NOS UNE.

Carlos Callón, persidente da Mesa pola Normalización Lingüística presentará o seu novo libro, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, e Francisco López presentará a alternativa de escola na nosa lingua “Galiza co Galego”.

Día: Sábado 26 de xaneiro

Hora: 19.00

Lugar: Centro Social da Rúa

Organiza: Roxín Roxal

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra