A Mesa pola Normalización Lingüística

Presentación en Pontevedra do proxecto Abertos ao Galego

A terza feira (martes) 24 de abril ás 21 h no Colexio de Xestores Administrativos.

Co apoio do Concello de Pontevedra e do Colexio de Xestores Administrativos (rúa Blanco Porto) presentarase na cidade do Lérez o proxecto empresarial Abertos ao Galego.

No acto intervirá o presidente da asociación, Carlos Callón, que explicará os contidos de Abertos, animará as empresas asistentes a se adheriren e ao conxunto da sociedade a practicar un consumo responsábel co noso idioma.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra